Porcos bravos nadadores, outra especie que cotiza á alza na ría de Noia

PORTO DO SON> Curiosa a estampa coa que se encontraron uns mariñeiros de Portosín.

Nas inmediacións do peirao, varios barcos do cerco que saían a faenar atopáronse, para a súa sorpresa, con catro porcos bravos nadando cara terra.

A imaxe non deixou de causarlles un certo asombro, vendo a habilidade e a destreza dos animais, nun medio, que a primeira vista, lles resulta alleo.

Igual aquel dito soado de ‘polo mar andas as lebres e polo monte as sardiñas’ non estaba tan errado.

A imaxe gravada cos móbiles fíxose viral rapidamente nas redes con numerosos comentarios ó respecto. Hai quen di, que igual compensa cambiar de especie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí