Unhas algas no encoro teñen a Caldas sen auga potable

    CALDAS > Namentres as autoridades agardan os resultados de novas análises de potabilidade da auga embalsada que está a realizar Sanidade, todo a punta e que, alomenos ata o xoves, os veciños caldenses estarán sen auga.

    augacaldas_300_091006.jpgO municipio continúa así cun problema que os ataca cada douspor tres. A localidade volve atoparse pendente de novas análises de Sanidade sobre a auga embalsada que nestes momentos non se pode empregar nin para comer nin para cociñar. As culpables son, nesta ocasión, unhas algas que afloraron nela e que desprenden toxinas que a fan non apta para o consumo.

    Para os veciños é unha situación que aseguran ‘isostible para a actualidade na que nos atopamos’. Esta situación deriva de xeito indirecto da crise ambiental desencadeada fai semanas polo vertido ó Umia da empresa Brenntag. O peche do encoro que abastece á comunidade xunto con outras circunstancias, como a seca do verán, favoreceu o rápido desenvolvemento da alga.

    Redacción Salnés