Noia acolle unha gala benéfica de patinaxe en favor de Manos Unidas

NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este domingo unha Gala Benéfica de Patinaxe. Tódolos fondos recadados a través dos donativos destinaranse ó proxecto educativo que desenvolve Manos Unidas en Tánger. Oito clubs de patinaxe de toda Galicia e a escola deportiva municipal de Noia participarán na Gala Benéfica que se celebrará este domingo a partir das cinco e media no pavillón municipal. Os asistentes deberán aboar un donativo de tres euros co que entrarán nun sorteo de agasallos doados por varias casas comerciais. Os fondos recadados irán destinados a Manos Unidos que traballa nun proxecto de inclusión educativa no norte de África. O evento está organizado polo concello e o club de patinaxe vila de Noia que, na súa corta traxectoria, xa ten desenvolvido numerosas actividades para potenciar este deporte con grande tradición na comarca.