![]()
VILAGARCÍA > A escola obradoiro de Vilagarcia, imparte un curso de pintura que aborda todos os estilos, dende os mais sinxelos como reparar gretas ata os mais complicados como a de alta decoración.
O curso contén 625 horas divididas en oito módulos: preparación de gretas, pinturas plásticas, pinturas con releve, imitación a pedra e madeira, empapelado, estucos e rotulación. Os alumnos desenvolven estas clases, eminentemente prácticas, na escola obradoiro de Vilagarcía e contan cun investimento de 53.000 euros por parte da Consellería de Emprego. O concello tamén colabora con estes alumnos para que ó remate do curso podan atopar unha saída laboral digna. Eles pola súa banda están entusiasmados con este aprendizaxe e cren que poderán atopar un traballo relacionado coa pintura, sobre todo a de alta decoración : a preferida.
Redacción Salnés







