Os nenos e nenas dos campamentos da Lanzada póñense na pel de persoas con diversidade funcional

O GROVE> Nos Campamentos de Verán da Deputación, na Lanzada, os nenos e tomaron conciencia hoxe sobre as dificultades ás que se enfrontan as persoas xordocegas. A Organización de Persoas Xordas de Galicia levou ata as instalacións da Deputación de Pontevedra unha xincana con probas relacionadas cos cinco sentidos.

As persoas xordocegas enfróntanse na súa vida cotiá a múltiples dificultades. A Organización de Persoas Xordas de Galicia, a XOGA, levou ata o campamento Depo Aventura A Lanzada un completo paquete de actividades  cos que sensibilizar e concienciar ós máis pequenos.

Os nenos e nenas que estes días gozan das múltiples aventuras que ofrecen os campamentos, interactuaron hoxe cos cinco sentidos. Os participantes foron superando distintas probas relacionadas co gusto, o tacto, a vista o oído e o olfato.

Ademais, os pequenos foron adquirindo roles que lles impedían facer tarefas cotiás para así reflexionar sobre como é a vida para as persoas con diversidade funcional.

Este é o segundo ano consecutivo no que a XOGA impulsa este tipo de actividades sensibilizadores nos campamentos da Lanzada.