A praia de Silgar volveuse de cores o celebrar esta fin de semana o primeiro Festival de Cometas de Sanxenxo. Aficcionados deste hobby acudiron dende diferentes puntos da xeografía española para lanzar o aire os seus fermosos tesoros. Unha actividade máis dentro da promación de ocio da Volvo Ocean Race.
Máis de oitenta participantes de diferentes puntos de España e Europa participaron esta fin de semana no primeiro festival internacional de cometas que se celebrou na praia de Silgar. A xornada comezou a primeira hora da mañá con voos de cometas estáticas e acrobáticas. Diferentes formas de varios tamaños e diversos cores coparon o ceo de Sanxenxo. A continuación os equipos de Barcelona, Valencia, A Coruña, Francia e Portugal amosaron ó público a súa táctica na exhibición de voo sincronizado. Ainda que as cometas máis divertidas as realizaron sen lugar a dúbidas os nenos nun singular taller. Os máis cativos tiveron a oportunidade de familiarizarse cos voos das cometas e modular a sua creatividade artística. O final todos levaban unha para as súas casas como agasallo ó seu esforzo. Xa a tarde despidiuse o festival cunha concentración de tódalas cometas participantes, eso sí en terra. As actividades de ocio da Volta o Mundo continuará as vindeiras fines de semana previas a saída da regata que terá lugar o 12 de novembro.
Redacción Salnés