A impresión 3D repite en Vista Real

    VILANOVA> Gonzalo Durán, visitou as instalacións do pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa, onde se está a desenvolver o curso de impresión 3D, programado dentro do Plan Integrado de Emprego que organiza a Mancomunidade de O Salnés. 

     

    O curso de Impresión 3D que se organiza dende o Plan Integrado de Emprego, que levan a cabo dende a Mancomunidade de O Salnés, foi visitado polo presidente da entidade, e a súa vez alcalde de Vilanova de Arousa, localidade onde se está a realizar. Durán definiu o pazo vilanovés de Vista Real, como un lugar de referencia en canto as novas tecnoloxías, debido aos cursos que nel se imparten. 

    Un total de 8 alumnos se forman nesta especialidade na actualidade no pazo. Unha destreza que tal e como nos explicou o profesor encargado de impartilo, ten moitas aplicacións.

    Este non é o único curso que se inclúe dentro do Plan Integrado de Emprego, e dende a organización recoñecen que as novas tecnoloxías teñen moitas aplicacións. 

    Un curso que se divide en dous módulos, un teórico e outro máis práctico, onde os alumnos aplicaran todo o aprendido. 

    Manexo e seguridade de drons, blogs, redes sociais, constitúen tan só algúns dos cursos que se impartirán en Vilanova, no seo do V Plan Integrado de Emprego “Emplea Salnés”, no que se formarán ao redor de 60 persoas. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/3d_vista_real_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/3d_vista_real.mp4{/flowplayer}