![]()
VILAGARCIA> As traballadoras de Alfageme abandonaron esta mañá o Salón Nobre do Concello de Vilagarcía…
{flowplayer}images/salnes/igape_resolve_alfageme.flv{/flowplayer}
… onde se atopaban encerradas desde o luns. Unha vez que o IGAPE desestimou o recurso interposto contra o concurso; os administradores concursais comprometéronse a paralizar o proceso de subhasta, dando así tempo a que este ente da Xunta poida estudiar as tres propostas existentes de compra da conserveira.
Desde a CIG ratificaron a boa disposición da administración concursal a manter os 150 postos de traballo directos que ofrecía esta conserveira no Salnés. Agardarán pois, a que agora a Xunta cumpra os prazos establecidos, e en breve, dispoña a empresa que é a mais axeitada para facerse cas factorías de Vilaxoán e Ribadumia de entre as tres ofertas presentadas; a primeira, a do Grupo Cántabro El Consorcio, a da empresa de Poio Pescamar e unha terceira detrás da que se encontraría a Familia Lago, expropietaria da firma. De feito, un testaferro dos Lago teríase feito hoxe ca marca de Conservas Peña por 50.000 euros, namentres o grupo Calvo se facía ca marca Eureka.
Estes tres días de peche, que veñen de unirse a múltiples mobilizacións nos últimos tres anos, sitúan a plantilla de Alfageme como un exemplo na loita dos seus dereitos laborais. Arestora non cabe posibilidade algunha de recurso, co que desde Alfageme agardan a ter boas novas respecto á concesión da conserveira en cuestión de días.
Redacción Salnés










