A selección nacional absoluta de voleibol enfrontarase a Hungría en Noia

NOIA> O salón de plenos do concello noiés acollía esta mañá o acto de presentación do primeiro amigable que o combinado nacional feminino xogará en terras galegas, preparatorio para a obter a clasificación do campionato de Europa de 2023.

As ‘leonas’ enfrontaranse a Hungría ás sete da tarde no pavillón Alonso Rodríguez.

Dende o Concello agradeceron á Federación o feito de elixir Noia para desenvolver este preparatorio para o Europeo do ano que vén.

Un día máis tarde, o domingo, o combinado nacional repetirá rival, enfrontándose de novo coa selección húngara, pero esta vez no pavillón de Bertamiráns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí