RIBEIRA> O programa ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ é unha actividade de formación para maiores de cincuenta anos. Está promovida pola Universidade de Santiago e englobará catro seminarios: educación nas familias, patrimonio histórico, teatro e envellecemento saudable.
Esta mañá presentábase en Ribeira unha nova edición do proxecto ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. Un programa de formación universitaria totalmente de balde para maiores de cincuenta anos. O denominado cuarto ciclo, promovido pola USC chega este ano a súa cuarta edición. Nel están implicados un total de dezasete concellos coruñeses, entre os que se atopan a totalidade de municipios da zona. En Ribeira, neste curso, a oferta basearase en catro eidos: educación en familias, patrimonio, teatro e envellecemento saudable.
As persoas interesadas poden anotarse a partir de mañá no Centro Cultural Lustres Rivas. Dende o Concello animan á veciñanza a participar nesta actividade que busca achegar a universidade a aqueles entornos máis rurais favorecendo a formación entre a poboación máis maior.