A cooperativa Horsal colabora coa Xunta na investigación da mosca branca

    moscabranca___100_111006.jpgCAMBADOS > Os entomólogos da Xunta de Galicia tratan de atopar un inimigo natural que combata as pragas de mosca branca.

    Nos invernadoiros Galegos é frecuente a aparición da mosca branca, sobre todo nos cultivos do tomate. Este insecto reprodúcese con moita rapidez, chupa a salvia da planta e dana os froitos. A resistencia da mosca branca a algúns productos químicos comeza a preocupar os productores polo que os investigadores da Consellería do Medio Rural busca un inimigo natural autóctono que controle a praga e evite a perda de producción.

    A cooperativa Horsal colabora arreo con este proxecto. Para os técnicos non só é importante atopar un inimigo natural para a perda de producción senón tamen para acadar froitos de mais calidade coa reducción dos productos químicos. A cooperativa Horsal colabora arreo con este proxecto. Nestes intres a investigación atopase na primeira fase, na toma de mostras da mosca branca.

    Os entomólogos fan un cónteo dos adultos que se sitúan na parte superior da planta, e levan os ovos e pupas o laboratorio que estan nas follas da parte media do tomate. Ata o non hai conclusións firmes pero descubriuse que só hai unha especie do insecto perigoso.

    Redacción Salnés