Sanxenxo rexistra en metade da pandemia a terceira cifra máis alta de turismo da súa historia

SANXENXO> Sanxenxo acada a terceira mellor cifra de turismo da súa historia. A vila remata o verán cunha ocupación dun 87% nos hoteis e cun 100% en Aviturga. Ademais o paro baixou na vila por debaixo do 8%.

A pandemia freou o pasado ano a boa evolución das cifras de turismo en Sanxenxo, pero este ano, nin as restricións evitaron que a vila rexistrara outro ano récord. As cifras que deu a coñecer o concello este verán sitúan ao 2021 como o terceiro ano con máis visitantes da súa historia.

O aumento de visitantes repercute directamente nos sectores hostaleiros e hoteleiros da vila. O que supón un aumento da contratación e unha diminución do paro en Sanxenxo por debaixo do 8%.

No caso das pernoctación as cifras caeron un 33% no mes de xuño en un 8% no mes de xullo con respecto ao 2109 . Aínda así, a baixa en Sanxenxo é inferior á do resto de cidades do norte de España. As cifras continuando situando a Sanxenxo como vila punteira do turismo tanto na provincia como na comunidade.

As cifras récords acadáronse na ocupación hoteleira e nas vivendas turísticas. O sector hoteleiro rexistrou un 87% e Aviturga un 100%.

As boas cifras póñense de manifesto tamén nos datos de recadación dos aparcadoiros, da recollida do lixo e do consumo de augas. As altas cifras significan que a gran cantidade de visitantes que residiron nas máis de 11 mil segundas vivendas da vila. O alcalde mostrouse moi contento polas cifras e sinalou as dúas claves deste éxito: a limpeza e a seguridade de Sanxenxo.