Os Panos Brancos chegan a Cambados este luns

    CAMBADOS> A Campaña de Sensibilización Social Panos Brancos Contra a Droga chega a vila do Albariño. Este luns, 26 de xuño, lérase un manifesto na Praza do Concello para concienciar a xuventude sobre os danos das drogas. “Un millón de razóns para dicir non as drogas”, ese é o lema da campaña de sensibilización social, coñecida como “Panos Brancos Contra a Droga” que este luns se celebrará en Cambados. As 11h terá lugar a lectura de un manifesto, a firma da bandeira que estará na Praza do Concello, a solta de globos brancos e para finalizar os actos unha actuación musical, tal e como explicou a alcaldesa da vila, Fátima Abal.