O centro de saúde de Rianxo converterase nunha residencia

    centrosauderianxo_100_121006.jpgRIANXO > O actual centro de saúde de Rianxo converterase nunha residencia e centro de día para a terceira idade.

    Os técnicos de Vicepresidencia acolleron moi positivamente a proposta do executivo municipal para destinar as instalacións do centro de saúde a usos sociais para a terceira idade. A pesar da idoneidade do inmoble é preciso acometer varias reformas para adecua-lo edificio polo que os técnicos van iniciar inmediatamente a redacción do proxceto co fin de que estea rematado antes de find e ano. Ademais dos usos de residencia e de centro de día, a intención do executivo é proporcionar outro tipo de servizos, tales como comedor ou lavandería, ás persoas da terceira idade que viven nos seus domicilios pero precisan axuda para o desenvolvemento de certas tarefas.

    O alcalde de Rianxo amosou a súa satisfacción por este novo paso adiante na mellora da calidade de vida da terceira idade. Neste sentido, referiuse á recente aprobación da lei de dependencia por parte do goberno central destacando que constitúe o cuarto pilar para a consecución do estado de benestar.

    Por outra banda, os técnicos que se desprazaron ata Rianxo tamén visitaron as obras da gardería que marchan a moi bo ritmo polo que é probable que este novo servizo entre en funcionamento o vindeiro mes de xaneiro.

    Pedro Piñeiro explicou que outro dos obxectivos do seu goberno é a atención a infancia de cara a conciliar a vida laboral e familiar.

    Redacción Barbanza