San Xinés fai entrega no concello das chaves da casa da cultura

    VILAGARCÍA > O último capítulo do conflicto entre os veciños de Bamio e o concelleiro de Cultura de Vilagarcía trasladouse  á Casa Consistorial. Representantes dos colectivos afectados polo cambio de pechadura na biblioteca entregaron no concello as chaves da Casa de Cultura e reclamaron por escrito unha reunión co alcalde.

    vecinosbamio_300_161006.jpgÓ proceder á entrega o alcalde non os quixo recibir alegando a través do seu secretario que ‘é unha persoa seria que non está para esas cousas’. Os veciños tiveron que entregar as 61 chaves na conserxería do concello á par que fixeron un escrito no que pedían unha reunión co alcalde para chegar a un acordo.

    Non descartan medidas

    A Asociación de Veciños San Xinés, de Bamio, esperará resposta do alcalde pero advirten que de ser negativa están dispostos a convocar unha manifestación de protesta. O colectivo non descarta tampouco emprender accións legais contra o goberno local se non se desdí das declaracións realizadas nos últimos días. A Asociación de Veciños de Bamio considera que o edil de Cultura, Roberto Araújo, se disparou nas súas declaracións. Insisten en que ninguén deste colectivo fixo uso de internet fóra do horario da biblioteca e menos para consultar páxinas de contido pornográfico, como se lles acusou desde o Concello.

    Os veciños acusan pola súa banda á propia traballadora municipal da axencia de lectura e queren que o goberno local se retracte destas acusacións. Do contrario están dispostos a presentar unha querela por inxurias. Din que eles non foron e que poden demostralo, esixen que se diga publicamente que quen tivo acceso e se fagan públicos os lugares visitados en Internet.

    Como xa estaba confirmado, os veciños de Bamio só contaron coa presenza dos edís da oposición na reunión deste sábado, despois de que o alcalde rexeitara a invitación de San Xinés. Os colectivos habituais destas instalacións insisten en denunciar o agravio comparativo con respecto a outras casas de cultura do concello. Por iso, a pesar de renunciar á xestión do inmoble, a asociación veciñal advirte que non deixará de dar guerra.

    Redacción Salnés