A PDRA esixe ó Concello que retite a licenza ós depósitos de Ferrazo

    reunion_pdra100_240609.jpgVILAGARCÍA> Representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa reuníronse onte ó serán con membros do goberno local.

    {flowplayer}images/salnes/depositos_ferrazo_240609.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa reuníronse onte ó serán con membros do goberno local de Vilagarcía.

    O colectivo pedira esta xuntanza ó pouco de coñecerse o último fallo do Tribunal Supremo, que cualifica de ilegais os depósitos de hidrocarburos que hai no peirao de Ferrazo e ademais prohibe o almacenamento nos mesmos. Tendo en conta esto reclámanlle agora ó goberno local que se manifeste e que retire de oficio a licenza de actividade dos depósitos. Para a plataforma o fallo do tribunal é motivo máis que suficiente para facelo.

    Segundo lembra o colectivo, no ano 2000 o Concello deu as licencias e o argumento foi que se cumprían tódolos requisitos, pero agora que quedou demostrado que non é así, o lóxico para a PDRA é que as anulen. A Plataforma afirma que se aplicou un coeficiente de redución incorrecto, que están a menos de 500 metros doutras instalacións como as do peirao de enlace e que carece dun plan de emerxencia exterior. Polo tanto estima que é de lei rectificar segundo a sentenza do Tribunal Supremo.

    Os responsables municipais dixéronlles que están a estudar as licencias e a sentenza. Mentres espera unha resposta do Concello, a PDRA prepara unha festa para celebrar este último fallo xudicial. Mañá dará máis detalles nunha rolda de prensa.

    Redacción Salnés