A APA do colexio de Tremoedo denuncia o abandono do centro escolar

    colexiotremoedo_100_171006.jpgVILANOVA > Os pais do colexio de Tremoedo, en Vilanova, mobilizaranse o sábado para protestar polo abandono do centro.

    Anque a limpeza da maleza era unha das queixas da Asociación de Pais de Alumnos do C.E.I.P. de San Bartolomeu de Tremoedo, o anuncio de mobilizacións provocou a rápida actuación do concello, que de inmediato mandou a varios operarios municipais para limpa-la zona.

    Sen embargo a APA non está satisfeita. Quere que estas limpezas se fagan periódicamente e se lle preste unha certa atención ó centro. Tamén propoñen que se bote terra nos desniveis que hai no terreo co fin de poder pasar unha máquina e te-la zona limpa, unha das excusas das autoridades para non corta-la maleza con frecuencia.

    Mellora das instalacións colexiotremoedo200_171006.jpg

    Outra das queixas dos pais é que se arranxen as zonas deportivas, completamente abandoadas e que representan un serio perigo para os pequenos, que ademais non teñen unha zona adaptada para eles. A zona de xogos está destrozada e a torre do tobogán non parece o máis adecuado para nenos de 3 e 4 anos. Por non falar do muro de bloques que separa esta zona das gradas ou do areeiro totalmente abandoado e cheo de herbas que hai noutro punto do patio.

    Casas dos mestres

    Finalmente os pais recordan unha vella petición da comunidade escolar. A posibilidade de recupera-las vellas casas dos profesores. Actualmente están abandoadas e incluso supoñen un gran perigo para os pequenos que xogan libremente por elas. Os pais queren que se recuperen para usos escolares e extraescolares ou, polo menos, se aillen para evitar accidentes. Para reivindicar todas estas cuestións os pais concentraranse no centro escolar o sábado ás dez da mañá e tratarán de que as administracións competentes escoiten dunha vez as súas queixas e tomen as medidas oportunas.

    Redacción Salnés