O alcalde de Meaño, expulsado do PP

MEAÑO> O PP expulsará do partido ao alcalde de Meaño. A decisión acábaa de tomar o Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG. O órgano disciplinario sinala que Carlos Viétitez cometeu dúas faltas moi graves.

A decisión tómase tralos feitos ocorridos no Pleno municipal de Meaño que decidiu os representantes da Corporación na Mancomunidade do Salnés. Unha das faltas moi graves ven dada por desobediencia ás instrucións dos órganos de goberno do partido. Xa que a instrución que tiña o PP de Meaño era a de presentar unha candidatura ao ente comarcal. A outra falta moi grave pola que se lle acusa é por manifesta deslealdade ao partido. A falta de candidatura prexudica ás opcións do partido de manter a Presidencia.

Segundo a resolución, Carlos Viétez acordou ou pactou co PSdeG unha serie de contraprestacións a cambio de facilitarlles un representante na Mancomunidade. A decisión xa foi notificada ao alcalde meañés que agora poderá recollela nun prazo de dez días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí