A exposición etnográfica do Salnés abriu as súas portas en Ribadumia

    martalucio_100_070307.jpgRIBADUMIA > O centro social de Barrantes acolleu a inauguración da exposición etnográfica do Salnés que percorrerá os concellos da comarca …

    …nos vindeiros meses. A iniciativa surxiu da Deputación de Pontevedra, nun intento máis por dar a coñecer o patrimonio histórico e poñelo en valor. Acompañando á comisaria da exposición, Marta Lucio estiveron a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, e o propio presidente da Deputación, Rafael Louzán.

    Cruceiros, Pombais, Piornos, Muiños, e Fontes e lavadoiros. Son os eixos arredor dos que se articula a exposición etnográfica do Salnés que esta mañá se inaugurou en Ribadumia. A mostra, organizada pola deputación de Pontevedra, tenta recuperar os piares básicos da arquitectura tradicional galega e poñe-la en valor.paneletnografico_200_070307.jpg

    A comisaria da mostra, Marta Lucio, explicou que o proxecto se inciou hai xa cinco anos. A mostra, que permanecerá no centro social de Barrantes durante 15 días, emprenderá logo un percorrido itinerante polos concellos da comarca. A alcaldesa de Ribadumia, agradeceu ós veciños a súa axuda á hora de recoller información para este tipo de mostras.

    Inversións

    O presidente da Deputación de Pontevedra, presente no acto avogou por poñer en valor o grande patrimonio histórico da provincia, aproveitando os recursos. Deste xeito destacou outras iniciativas como a Ruta Carreiro da Auga, neste caso en colaboración cos concellos de Ribadumia, Meis e Meaño, no referente á recuperación dos muíños, para os que a deputación prevé unha inversión de 300.000 euros, e apostou por continuar neste camiño.

    Redacción Salnés