A dársena pobrense acolle este domingo a III Bandeira de Bateis concello da Pobra

POBRA> A proba, organizada polo Club Remo Puebla co patrocinio do Concello, arrancará ás once da mañá nas inmediacións da dársena comercial.

Esta mañá presentábase a terceira edición das Bandeiras de Bateis Concello da Pobra do Caramiñal masculina e feminina. A cita será este vindeiro domingo na dársena portuaria da localidade a partir das once da mañá.

A proba, que está organizada polo Club Remo Puebla co patrocinio do Concello en colaboración coa Federación Galega de Remo, reunirá a maioría de clubs da territorial norte.

O Club anfitrión, que competirá cun número importante de embarcacións, ten moitas posibilidades de facerse co trunfo nalgunha das categorías a competición, entre elas a senior.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro destacou a importancia deste tipo de probas coas que colabora o Concello, resaltando a capacidade organizativa do Club.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí