BOIRO> O Pazo de Goiáns acolleu a primeira das xornadas promovidas polo Consello da Cultura Galega. O obxectivo era analizar o acceso á cultura como un dereito en colaboración cos axentes culturais, entidades asociativas e institucións públicas.
Ducias de representantes da cultura na provincia déronse cita esta mañá en Boiro no Encontro promovido polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Deputación da Coruña . O obxectivo da xornada era abordar o acceso á cultura como un dereito de toda a cidadanía.
Tivo lugar no Pazo de Goiáns, un dos polos culturais máis importantes non só de Boiro senón en toda a comarca, que acolle ademais numerosas iniciativas relacionadas co asociacionismo.
O novo marco lexislativo, coa recente creación da Dirección Xeral de Dereitos Culturais, pretende garantir unha participación activa da cidadanía na cultura, non só á hora de consumila senón tamén de producila.
Ademais do debate, no que recolleron as inquedanzas dos distintos axentes culturais, a xornada serviu para analizar algúns casos prácticos do proxectos culturais promovidos polo tecido asociativo como o Feirón Mariñeiro de Rianxo ou Escora Danza.
Inserto Alberto
Esta é a primeira das 4 xornadas que se desenvolverán en toda Galicia, unha en cada provincia, e que concluirán en outono cun encontro final para expoñer as conclusións.











