A Illa oferta ximnasia post parto e actividades na natureza

fundaciondeportivailla_100_191006.jpgA ILLA > Actividades no medio natural e ximnasia postparto son as principais novidades do programa da Fundación de Deportes.

Asterix e Ovelix volverán mañá á Illa de Arousa. Con esta peculiar aventura arrancan mañá as actividades deportivas municipais para os nenos. Trátase dunha das novidades que presenta o programa da Fundación de Deportes para este ano, que consisten en actividades no medio natural. A actividade de mañá desenvolverase de catro e media a seis e media da tarde.

deportesilla_200_191006.jpg‘Temos un espazo mediambiental privilexiado na Illa e sería de tolos non aproveitalo’, indicou Paula Dios Suárez, xerente da Fundación de Deportes. Para iso proporante actividade como sendeirismo, rutas en bicicleta, talleres para facer nós, ou distintas construccións, técnicas de supervivencia e orientación, entre outras. Os rapaces de 3 a 6 anos seguirán cos ‘Sábados Divertidos’. Para os alumnos de Primaria, a Fundación ofertará 3 das 6 actividades extra escolares do colexio, que serán tenis, aeróbic deportivo e multideporte.

No caso dos adultos, o programa oferta aeróbic, ximnasia de mantemento e técnicas antiestrés, con prezos de 7 euros ó mes por unha actividade, 12 por dúas actividades e 15 por tres. A novidade será a ximnasia postparto, os sábados, por 3 euros ó mes, pensada para as 50 mulleres que deron a luz no que vai de ano. Nestas sesións tonificarase as zonas do perineo e abdominal para evitar incontinencias urinarias, posturas adecuadas co neno, estiramentos e relaxación. A terceira idade tamén ten o seu oco neste programa deportivo, con ximnasia de mantemento, natación e xogos populares.

Para todas estas actividades, a Fundación conta este ano cunha coordinadora e dous monitores, grazas a unha achega da Consellería de Traballo. O programa está aberto a suxestións e para iso poñen a disposición dos veciños o e-mail: deportes@ailladearousa.es

Redacción Salnés