O campo de fútbol do Beiramar, condenado a morte

CAMBADOS> Costas pretende elimina-lo campo de fútbol de Castrelo. As instalacións non teñen encaixe legal, ao estar en zona de dominio marítimo terrestre e estar nunha situación irregular. O Concello xa se reuníu co Beiramar para estudar posibles localizacións alternativas.

O campo de fútbol do Bieramar, na parroquia cambadesa de Castrelo, está condenado a morte. As instalacións están en zona de dominio público marítimo terrestre e Costas ten un plan para esa zona.

O Concello coñece este proxecto despois de tentar sen éxito levar a cabo unha serie de trámites para unhas obras. Foi aí cando se decataron de que o campo non ten ningún tipo de documentación.

Así que agora abriron unha fase de investigación para tentar dar con algún documento. Van consultar, por exemplo, no arquivo da Deputación. Ao mesmo tempo, o goberno local xa se reuníu co equipo para buscar alternativas.

Un proxecto que serviría, di a alcaldesa, para dar resposta a moitas necesidades deportivas do municipio.

Polo de agora non hai prazos de ningún tipo. É un proxecto a longo prazo, pero que tarde ou cedo deberase poñer sobre a mesa.