O Concello conxela as taxas e impostos

    javiergago_100_191006.jpgVILAGARCÍA > O goberno municipal decidiu conxelar as taxas e impostos, agás auga, depuración e recollida de lixo …

    … Deste xeito cúmprese co compromiso adquirido o pasado ano, no pleno da actualización das ordenanzas fiscais.

    servizolimpezavilagarcia_200_191006.jpgO vindeiro ano non haberá suba de impostos en Vilagarcía, agás no tocante ás taxas de abastecemento de auga e de depuración, ás que a empresa concesionaria, polo seu contrato, ten dereito. O que si se analizará é a conveniencia de incrementar a taxa de recollida de lixo, un servizo cun déficit de 400.000 euros.

    O alcalde tamén falou hoxe dos orzamentos para 2007. O Goberno local negocia xa a aprobación das contas para xaneiro ou febreiro, antes da campaña electoral. Gago sinalou que non serán electoralistas nin expansivos, senón máis ben de transición para non por condicionantes á vindeira corporación. En canto á situación económica do Concello, o alcalde destacou que mesmo tendo en conta a débeda contraída co préstamo de 6 millóns de euros para ‘Luz Salgada’, nestes momentos o capital vivo xa está por baixo do 110% e o aforro neto é positivo.

    Nestes orzamentos, o goberno municipal tamén proporá unha ampliación do cadro de persoal municipal, coa creación de prazas de categoría B para a promoción interna de técnicos auxiliares. Pero tamén a creación dun posto de traballo da escola de mando na Policía Local.

    Redacción Salnés