A derrota ante á Seu convirte en utopía a salvación

balonman250_230309.jpgVILAGARCÍA> O baloncesto, se cadra, foi o deporte que peores novas nos deixou esta fin de semana. Perdeu o Inelga e perdeu o Extrugasa. As vilagarciáns complícanse moito a súa permanencia en Liga Feminima. Moitas das xogadoras remataron o encontro entre bágoas, sabedoras da oportunidade perdida.

Se os partidos duransen 38 minutos o Extrugasa estaría salvado hai moito tempo. Non hai que facer un gran exercicio de memoria para lembrar os encontros ante o Celta, Hondarribia ou Soller, que os tiñan practicamente gañados a falta de dous minutos e acabaron perdendo. O mesmo pasou o sábado, onde os nervos e a ansiedade atenazou por enésima vez ás vilagarciáns.

E iso que comezaron ben, cun 14-5 de saída que prometía un partido asequible. Pero a Seu D’Urgel subíu a súa intensidade defensiva no segundo cuarto, remontou e chegaron as dúbidas. Neses minutos Sara aguantou ás locais no aspecto ofensivo logo de que Iziane apenas aparecera, moi vixiada durante todo o partido.

Na segunda metade, visto que non había a claridade en ataque doutras ocasións, buscouse a victoria pola vía heroica. Punto a punto e defensa a defensa foron remontando ata poñerse por diante a dous para o remate, con 50-49. A partir de ahí, o mesmo guión de case sempre. Perdas de balón, nervos e máis nervos para que as ilerdenses matasen o encontro e as esperanzas de salvación do Extrugasa dende a liña de tiros libres.

Ás de Tito Díaz non lles queda outra que erguerse e seguir loitando para tratar de dar a machada a semana que ven na complicada pista do San José. Agora están fora do descenso, pero os enfrontamentos directos entre os seus rivais pola salvación obrígalles a sumar un triunfo como mínimo.

O Inelga, pola súa parte, tamén caeu na cancha do Estela por 88-77, polo que continúan terceiros pola cola.

Redacción Salnés