A lonxa de Portonovo aforrará un 50% electrecidade grazas á instalación de 180 placas solares

SANXENXO> A lonxa de Portonovo aforrará un 50% de enerxía grazas a instalación de 180 placas solares. O proxecto foi subvencionado pola xunta dentro da liña de axudas para mellorar as infraestruturas e instalacións portuarias. Cun importe de 100 mil euros, a consellería tamén mellorou a seguridade e adquiriu para a lonxa un portapalés e unha carretilla elevadora. Na vista ás instalación, a conselleira anunciou que o día 13 volverán a sacar unha nova convocatoria destas axudas para a que destinarán 4,6 millóns de euros.

A lonxa de Portonovo foi unha das instalacións beneficiadas coa liña de axudas para a mellora das infraestruturas e instalacións portuarias da xunta de Galicia. A proposta da confraría, a consellería investiu máis de 100 euros en diferentes proxectos.

Coa instalación destas placas solares, a lonxa poderá aforrar un 50% de enerxía.

Na visita a Portonovo, a conselleira anunciou que o vindeiro día 13, a Xunta realizará unha nova convocatoria para optar a estas axudas. Este ano a consellería destinará 4,6 millóns de euros.

Concello de Sanxenxo e Xunta tamén traballan noutros proxectos na vila. O máis importante é a remodelación de toda a zona portuaria de Portonovo. A xunta xa ten un primeiro boceto para estudiar xunto coa confraría e o concello. Mentres tanto, a consellería continuará realizando diferentes intervencións para mellorar a imaxe do porto de Portonovo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí