Fefiñáns acollerá o sábado o festival da Protectora de Animais

    festivalcanceira_100_040707__still_001.jpgCAMBADOS > A gala, que comezará ás dez da noite, pretende recadar fondos para mellora-las instalacións e tamén a concienciar á sociedade.

    O festival, que será gratuíto e levará por lema ‘O Salnés x os animais’, contará cuha demostración da unidade canina dos Bombeiros do Salnés, coa actuación do grupo ‘Avelaiña’ e ‘Os donos da natureza’ e cos gañadores do concurso ‘Operación Can’. festivalcanceira_200_040707__still_003.jpgAdemais haberá diversas testemuñas de persoas moi relacionadas cos animais, como un cego que ve a través dos ollos do seu can.

    Pero tamén se proxectará un documental feito pola Protectora de Alacante e se poderán adoptar animais, coma unha camada de cachorros que precisan dun fogar urxentemente. E por suposto, haberá diverso material á venda para recadar fondos xa que a canceira atópase ó límite das súas posibilidades.

    Olga Costa recorda que a canceira de Cambados foi deseñada para acoller medio centenar de animais e que actualmente ten máis de 80, polo que ‘están desbordados’. E no verán multiplícanse os abandonos, polo que a situación podería empeorar a partir de agora. Para evitalo a Protectora organiza este festival no que espera contar co respaldo maioritario da sociedade arousana.

    Redacción Salnés