O PP pide a posta en marcha dun protocolo sanitario en Caldas

    miguelsantalices_100_201006.jpgCALDAS DE REIS > O voceiro de sanidade do Grupo Parlamentario Popular consideran que existe un grave problema sanitario.

    Miguel Santalices, voceiro de sanidade do Grupo Parlamentario Popular denuncia a ausencia dun protocolo sanitario en Caldas. Asegura que os veciños están en serio perigo dende que foi o vertido de Brenntag, e que a Xunta só atendeu á vertente medio ambiental pero esqueceu a sanitaria, igual ou máis importante.

    O deputado popular denunciaba incluso que o delegado provincial non interrompera as súas vacacións tralo sucedido con Brenntag e que tan só enviase a un técnico os primeiros días e que incluso se rexeitase a petición de varios veciños para que se analizaran as augas soterradas e de manantiais. Por iso os populares presentarán varias iniciativas no Parlamento Galego para tratar de que Sanidade se implique nun problema de máxima gravidade.

    Ocultación de datos

    O PP tamén denuncia a ocultación de datos sobre os resultados actuais dos sedimentos e do aire e incluso sobre as análises da microcistina das que din descoñecelo absolutamente todo. Sobre este asunto o voceiro do PP local, Evaristo Juncal, confirmou o dito xa polo BNG: que as autoridades coñecían a presencia de toxina moito antes do que se dixo e non fixeron nada confiando en que as circunstancias naturais acabaran co problema. Non foi así e ‘hoxe a situación e a que é e tanto o Concello como a Xunta terán que explicar por que non se fixo nada entón e se ocultou o problema poñendo en grave risco a toda a poboación’.

    Encoro

    Sobre o posible desmantelamendo do encoro, Evaristo Juncal cre que o bipartito non ten a máis mínima intención de retiralo, xa que ven de aprobar unha depuradora que se conecta directamente nel. En calquera caso, dixo, a responsabilidade pola situación actual non é do encoro senón do goberno local que é quen debe garantir que a auga chega ós fogares con tódalas garantías.

    Redacción Salnés