O presidente da Xunta foi nomeado “Amigo de Honra” de Martín Codax

    tourioenmartincodax231006.jpgCAMBADOS > O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, visitou esta fin de semana o Salnés para acudir a comida de confraternidade da adega Martín Codax.

    tourioenmartincodax5231006.jpgO presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, foi recibido polos directivos da cooperativa Martín Codax baixo o temporal que azoutaba o Salnés o pasado sábado.

    Unha vez dentro da Adega, o dirixente do goberno Galego tivo a oportunidade de coñecer todas as súas instalacións e asinar no libro de honra da cooperativa.

    tourioenmartincodax4231006.jpgPérez Touriño era o invitado de honra á celebración de Nosa Señora das Viñas, festividade na que os socios celebran o remate da vendima. Antes de comezar a comida de confraternidade, o presidenta de Martín Codax, José Martinez Chantada, subliñou o esforzo de todos os socios para facer posible todos os éxitos que leva acadando a adega e transmiteulles as súas felicitacións pola boa colleita deste ano que supera na cooperativa os 4.7 millons de quilos de uva.tourioenmartincodax3231006.jpg

    Pola súa banda o presidente da Xunta agradeceu a distinción de “Amigo de Honra” que se lle outorgaba e resaltou  o tesón dos cooperativistas por facer posible a calidade e excelencia dos seus caldos. 

    tourioenmartincodax2presi231006.jpg

    Pero a directiva de Martín Codax, non só outorgou distincións o presidente da Xunta. No transcurso desta celebración a directiva entregou unha medalla e un diploma os viticultores-cooperativistas que mais destacaron neste ano. Os galardoneados foron Bernardo Falcón, Maria Celia Mondragón e Josefa Doval Tourís.

    Redacción Salnés