Durán pide financiamento para mellorar a recollida de augas en Currás

    duran_100.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova anunciou que este Concello xa conta cunha memoria e cuns informes da empresa Espina e Delfín para facer…

    … fronte ós continuos desbordamentos do colector de augas residuais do río Currás. Neste estudio contemplase a substitución da actual canle de formigón que transcorre por este leito do río por unha de pvc, ó longo de 756 metros lineais. Esta mellora tería un custe de 200.000 euros, que o Concello entende que deberan ser sufragados pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. É por isto, polo que en breve van a remitir esta documentación ó servicio de Augas de Galicia para que valore a acometida da mesma canto antes.

    A maiores desta mellora no entorno de Currás, Gonzalo Durán propuxo outras actuacións de mellora na rede de sumidoiros municipais. Nesta mesma rolda de prensa, Gonzalo Durán tamén fixo unha valoración moi positiva de ExpoNadal, a feira do comercio local que se celebrou esta fin de semana en Vilanova.

    A aceptación por parte do público foi tal, segundo o alcalde, que desde o Concello xa están dispostos a apoiar novas iniciativas deste tipo que poderían ter lugar en vindeiras tempadas. Asemade, o alcalde destacou a apertura no que vai de mes doutros tres novos comercios; un feito importante si se ten en conta á actual etapa de crise.

    Redacción Salnés