![]()
VILAGARCÍA> Os ladróns xa non esperan a que se faga de noite para roubar… e si non que llo digan a unha veciña de O Piñeiro, entre Sobradelo e Fontecarmoa, que este domingo tivo que ver como dous descoñecidos entraban a roubar na súa vivenda, mentres ela estaba no seu interior…
Ninguén por aquí, e ninguén por alá… isto debeu de ser o que pensaron os ladróns que no medio día do domingo entraron a roubar nunha casa de O Piñeiro, en Sobradelo. Un delito que se saldou coa posterior detención dos dous individuos que o protagonizaron, despois de que a muller que vivía na casa os escoitase, e posteriormente chamase a Policía.
A lo menos un dos detidos contaba con antecedentes policiais por roubo con violencia en vivendas particulares. Ambos foron postos a disposición xudicial.
Este roubo únese a outros que se deron na zona nos últimos meses. Un repunte da delincuencia en Vilagarcía, que moitos creen que ten que ver coa falta de oportunidades.
A pesar dos sucesos que se deron hai unhas semanas en Rubiáns, e agora este, nunha zona achegada a Vilagarcía, unha vila tranquila, o temor é crecente.
A parte máis positiva de este suceso, é que polo de agora non hai que lamentar feridos nestas accións, e que a Policía Nacional está a traballar a reo para evitar este tipo de sucesos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/roubos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/roubos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}







