Deluxe e Le Punk reúnense para un PortAmérica especial que se celebrará en Portas

PORTAS> Portamérica regresa cunha edición que se celebrará no concello de Portas. A organización e os concellos, acordaron o traslado de Caldas para poder cumprir cos protocolos sanitarios. O festival contará cun potente cartel no que destacan as actuacións de Vetusta Morla e Xoel López e a xuntanza especial despois dunha década de grupos como Deluxe o Le Punk.

Despois dun ano de ausenza, o Portamérica regresa neste 2021. E a primeira gran novidade é o seu cambio de localización. O festival trasládase de Caldas a Portas para poder adaptarse as normativas sanitarias. A outra gran novidade ven co seu cartel, xa que o festival contará co regreso especial de grupos como Deluxe ou Le Punk.

O festival conta coa colaboración de Estrella Galicia, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, como evento cultural de Fest Galicia e pola súa promoción do Camiño de Santiago. Uns apoios que permiten completar unha programación con grandes grupos entre os que se inclúe Vetusta Morla.

O festival terá lugar o 1 e 2 de setembro na azucareira de Portas. Unha localización escollida grazas á colaboración dos concellos de Portas e Caldas. Para Portas é un orgullo poder acoller este festival.

O Portamérica non poderá realizar este ano a súa parte gastronómica, aínda que si haberá unha zona de restauración. Ademais o festival continúa coa súa vertente ecolóxica, plantando unha árbore por cada entrada, e coa súa vertente feminista, poñéndolle ás barras os nomes de mulleres importantes na historia. A organización tamén traballa coa xunta na posibilidade de permitir que a xente estea de pé durante o festival.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí