![]()
CAMBADOS > Un terrible accidente acabou coa vida de Pepe Núñez, antigo dono e fundador da empresa de transportes Núñez ó caer o seu coche ó mar no peirao de Tragobe. As causas do accidente descoñécense aínda que segundo a única testemuña, o falecido ía na procesión de San Cristobal cando sucederon os feitos.
Ó redor das dúas menos cuarto
do mediodía do luns, os servizos da policia local e Garda Civil de Cambados foron alertados porque un conductor e o seu vehiculo caeran ó mar no porto de Tragobe. A víctima, de 85 anos, era moi coñecida no pobo pola empresa de transportes Núñez. Segundo a única testemuña dos feitos, o falecido atopábase realizando o percorrido da procesion de San Cristobal cando, por causas aínda descoñecidas, o conductor non tomou a curva e foise directo á auga. Persoas que se atopaban preto no momento do accidente trataron de retira-lo coche da auga cun rizón para socorrer a Pepe Núñez pero non tiveron éxito dadas as dimensións e peso do vehículo, un Mercedes Benz clase S.
Un cuarto de hora máis tarde, os servizos de rescate e sanitarios persoáronse no lugar dos feitos para rescatar a víctima que todavía se atopaba no fondo do mar pero, pese ós intentos por reanimalo, xa nada se pudo facer por él. Para retira-lo coche afundido precisouse da axuda dunha grúa e dos bombeiros que se tiveron que sumerxir cun equipo especial de buzo para suxeitalo con cordas. Ainda que non foi ata as tres e media cando se puido proceder ó seu levantamento e ó traslado da víctima. Nese momento eran xa varios os familiares e amigos do falecido que estaban no peirao cambadés onde se viviron esceas de dor.
Redacción Salnés








