O pedófilo detido en Pontevedra di ter feito as fotos por amor

    PONTEVEDRA > Por amor. O uruguaio que afronta dende o xuízo na Audiencia de Pontevedra por un delicto de posesión e distribución de pornografía infantil asegura que o que fixo foi por ese motivo e non outro. Pablo Antonio, de 68 anos, dixo que o material que lle foi incautado obtívoo para agasallar con el a un cibernauta do que se namorou e que gustaba deste tipo de prácticas.

    pederasta_200_251006.jpgPablo Antonio J.R.S., uruguaio e de 64 anos comparecía esta mañá na Audiencia de Pontevedra bastante tranquilo a xulgar pola súa actitude. Enfróntase a unha petición de condena de 16 anos por dous delictos continuados de posesión e distribución de pornografía infantil e a outra de máis de 900 anos de cárcere por case un cento de delictos relacionados con esta distribución de pornografía. El nega ter predilección por este tipo de pornografía.

    Non negou posuír unha colección de máis de 1000 fotografías porno pero dixo que o número delas nas que aparecen menores de idade deben ser tan só cinco. Unhas fotografías descargadas, ó parecer, para agasallar con elas á persoa coa que mantivo contacto vía internet durante seis meses e da que asegurou terse namorado. O que Pablo Antonio, coñecido nos chats como Federico, non sabía era que esa persoa era un gancho da Garda Civil.

    Por esa persoa, que compareceu durante o xuízo, asegurou terse aventurado a darse de alta en chats, pederastaxuizo_200_251006.jpgdescargar material e facerlle un CD-agasallo con fotografías que lle foi incautado no aeroporto na súa viaxe a España para coñecer ó que cría o seu namorado. Durante o xuízo fóronlle amosadas algunhas e non puido negar que as recoñecera. 

    O fiscal modificou a súa petición de condena e presentou dúas acusacións, para que sexa o tribunal quen decida. En total enfrontaríase a preto de mil anos de cárcere por varios delictos.

    Redacción Salnés