A Garda Civil logra desartellar unha banda dedicada ó roubo de tendas de móbil

BARBANZA> Na operación denominada ‘Movile’ foron detidas catro persoas ás que se lles imputan delitos por todo o ámbito nacional. Boiro, A Pobra, Padrón ou Sanxenxo son algunhas das numerosas localidades nas que esta banda delitiva dedicada ó roubo de tendas de telefonía móbil cometeu algunha das súas fechorías. A investigación da Garda Civil iniciábase o pasado mes de febreiro, tras un roubo a unha tenda na localidade coruñesa de Sada, onde conseguiron facerse cun número importante de terminais valoradas nuns 22 mil euros. O seguimento realizado polos axentes do Instituto Armado levounos ata Cee. Nun operativo especial detívose a tres dos integrantes da banda, e posteriormente a un máis en Madrid. Localidade esta última na que todos residían. Impútanselle alomenos 25 delitos, sendo o valor do substraído próximo ós 230 mil euros. Fontes policiais destacaron o grao de especialización dos prendidos que conseguían acceder ós locais comercias, neutralizando a alarma de seguridade e facéndose cos móbiles sen deixar apenas pegadas e con gran rapidez.