![]()
CAMBADOS> O Patrón Maior de Cambados ratifica a versión do Concello da próxima reunión explicativa sobre os proxectos a efectuar neste entorno; …
{flowplayer}images/salnes/polemica_mariscadoras.flv{/flowplayer}
…para tódolos socios da Confraría; tal e como se lles contestou por escrito no mes de novembro ás mariscadoras do pósito que pediron explicación mediante unha listaxe de sinaturas. Benito González entende que a preocupación xerada onte entre este colectivo responde ós intereses políticos dunha socia da Confraría que pretende crear confusión para obter réditos electorais.
Máis aló, o dirixente do pósito cambadés acusou a esta mariscadora integrante do BNG de crear un mal precedente inédito no seo deste colectivo de rexeitar facer as labores de limpeza e traslado de marisco; algo imprescindible para que esta Confraría siga a ser unha das máis productivas de toda Galicia.
É por isto polo que mesmo está a pensar en prantexar unha xuntanza con este colectivo para atallar este tipo de actitudes.
Redacción Salnés









