O IES Pobra afonda nas raíces culturais da Europa prerromana

    programacomenius_100_301006.jpgPOBRA > O IES Francisco Barreras está a participar no proxecto Comenius

    … en colaboración con outros centros educativos de Alemania e Turquía. O obxectivo é favorecer o intercambio cultural a través do deseño dun traballo colectivo sobre a Europa prerromana.

    Esta é a primeira vez que o IES da Pobra se suma a este programa que, dende hai anos, se vén desenvolvendo en distintos centros europeos co obxectivo de fomenta-las relacións interculturais entre países. Nesta ocasión, o centro pobrés traballará en colaboración co instituto Ilçesi de Nipzi (Turquía) e o Apian-Gymnasium de Ingolstadt (Alemania).

    Cada un dos centros particpantes elaborará un estudo dobre os vestixios atopados nas súas zonas que datan da época prerromana para despois publicar un traballo conxunto sobre as raíces en común dos distintos países europeos.

    Para afondar nos contidos e na metodoloxía do estudo, unha delegación de profesores procedentes dos centros participantes viaxou ata a Pobra do Caramiñal. Os alumnos e profesores do instituto pobrés brindáronlle unha cálida benvida cunha recepción ó máis puro estilo galego. Os mestres procedentes de Turquía e Alemania coñeceron un pouco máis a fondo algunhas manifestacións culturais propias de Galicia.

    Trala recepción, os profesores dos tres institutos participantes mantiveron unha xuntanza de traballo para deseña-las liñas do estudo a realizar en conxunto.

    Redacción Barbanza