RIBEIRA> Satisfacción en Ribeira polo anuncio da Xunta de declarar ó arquipélago de Sálvora coma BIC. A declaración do arquipélago de Sálvora, no que se inclúen as illas de Vionta e Noro e as illas Sagres, coma Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural, producíase no último Consello da Xunta. Segundo o titular do Goberno Autonómico a declaración vén a recoñecer as súas calidades culturais, materiais e inmateriais. O decreto polo que o Consello da Xunta inclúe Sálvora coma BIC é a culminación dun proceso iniciado xa en 2016 co que se busca dar un paso máis na candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade. A declaración BIC do arquipélago de Sálvora protexe a un total de 43 elementos, nos que se inclúen, ademais da capela ou o propio faro, camiños, pozos ou hórreos, garantindo así as condicións de conservación e protección dos seus valores culturais.
Inicio BARBANZA