Boiro precisará dun novo centro de día a medio prazo

    BOIRO > As obras do centro de día e da gardería boiresa marchan a bo ritmo polo que o servizo entrará en funcionamento nun prazo de dous meses. 

    O benestar social e a atención á infancia e terceira idade son un dos obxectivos básicos do goberno municipal de Boiro que, na actualidade, traballa na posta en marcha definitiva do centro de día e a gardería que acumulan un importante retraso na finalización das obras. Grazas á subvención concedida pola Consellería de Vicepresidencia, Igualdade e Benestar Social, o servizo poderá entrar en funcionamento a finais de ano.

    Trala súa adhesión ó Consorcio Galego de Igualdade, o executivo segue a dar pasos para a mellora de vida das persoas que integran colectivos especiais. O último é a solicitude diante de varías Consellería da Xunta dun novo centro de día para o municipio que faga fronte á gran demanda existente así como unha residencia para a terceira idade de carácter comarcal.

    Redacción Barbanza