Ribeira celebrou un xantar do maior con récord de asistencia

RIBEIRA> Nin o vento nin a chuvia caída durante a xornada de onte domingo impediron que se reunirán no pavillón da Fieiteira, onte reconvertido en salón de banquetes, un milleiro de persoas maiores do municipio para disfrutar do xantar de confraternidade organizado pola concellería de Servizos Sociais.

A cifra foi de récord, sendo unha das máis multitudinarias dos últimos anos.

O xantar contou coa presenza dos representantes municipais, co seu alcalde á cabeza, Luís Pérez Barral.

O menú confeccionado para este día tivo nesta ocasión coma prato principal o lacón con grelos, aínda que os comensais puideron degustar previamente tamén de cigalas e camaróns, sen esquecer tampouco o percebe de Aguiño, que se introduciu tamén no menú este ano coma novidade e que foi recollido polos propios mariscadores do pósito aguiñense na semana previa.

No xantar, que se prolongou ata as nove da noite, contou tamén cunha actuación musical, que deu paso a un animado baile.