Adif non asumirá o sobrecuste de 369.446 euros que lle esixe o concello

    adifcopy.jpgVALGA> O organismo asegura que esa cantidade debe ser asumida polo concello en cumprimento do convenio de colaboración asinado.

    {flowplayer}images/salnes/ADIF_DEBEDA_VALGA.flv{/flowplayer}

    Adif non asumirá o sobrecuste de case trescentos setenta mil euros da construción de dous pasos inferiores no concello de Valga. Cando menos así o anunciaron onte a través dun comunicado despois de que o alcalde, José María Bello, lles reclamase dita débeda.

    Por unha banda, o concello reclama ó redor de oitocentos mil euros coma consecuencia da execución das obras de supresión de dous pasos a nivel. Desde o goberno local sosteñen que os responsables do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias se teñen que facer cargo da metade da cantidade en resposta ó convenio asinado entre ámbalas partes e que o importe restante correspóndese con diñeiro adiantado polo concello.

    Pola súa banda, desde o organismo estatal xa anunciaron onte, a través dun comunicado, que non asumirán o sobrecuste de case trescentos setenta mil euros da construción dos dous pasos inferiores.

    Aseguran que dita cantidade debe ser asumida polo concello en cumprimento do convenio de colaboración asinado e o segundo protocolo Adicional do 2009. Dito protocolo establecía que o concello asumía a execución das obras dous pasos co orzamento remanente do convenio, é dicir, por un importe máximo de un millón oitocentos mil euros.

    Con todo Adif proporá a sinatura dun protocolo de peche e liquidación do convenio asinado no 2007. Neste documento comprometeríanse a regularizalo IVE e a asumilo custe das expropiacións.

    Redacción Salnés