Luz verde ó informe técnico que permitirá a legalización de Dardo

     CAMBADOS> O Alcalde de Vilanova anunciaba esta mañá a aprobación por parte da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia

    {flowplayer}images/salnes/consello_xunta_dardo.flv{/flowplayer}

    … da modificación puntual número 15 das Normas Subsidiarias de Planeamento que van a permitir legalizar a situación urbanística de Conservas Dardo, situadas na zona do Esteiro. Arestora, esta fábrica aséntase en terreos afectados por costas co que precisa deste trámite para que o chan pase a estar catalogado como chan industrial.

    Para que o visto bó da Xunta de Galicia se faga efectivo deberá ser ratificado no vindeiro pleno do Consello galego para que se cumpran os prazos; algo, que trala aprobación de onte, se converte nun simple trámite. Logo será o Concello o que deba tramitar a nova licencia. Unha xestión que, en verbas do Alcalde vilanovés, irá “polo aire”.

    E é que o tema da Conserveira Dardo foi levado a pleno e xerou a unanimidade dos distintos grupos da corporación; posto que supón a fonte de emprego fixo de 90 persoas.

    Redacción Salnés