Vilagarcía e Catoira tratan de recuperar a celebración do Samaín cunha gran festa

    samain011106.jpgVILAGARCÍA > Vilagarcia e Catoiro tiveron aberta , a porta do Alén, Centos de meigas, monstruos e vampiros fixeron a súa aparición na festa do Samaín.

    A praza da Peixería de Vilagarcia daba moito medo na noitiña de onte. Celebrábase o Samain, un culto ós mortos  no que se abre unha comunicación entre o noso mundo e os de eles.

    Parece ser que foi no século nove cando a igrexa decidiu cristianizar as vellas costumes de ir polas casas pedindo comida ou preparar banquetes para os mortos que volvían de visita na noite do día 31 de novembro.

    Agora esta celebración trátase de recuperar,  e os nenos son os primeiros en amosar que segue viva unha tradición que lembra os nosos antergos celtas. Deste xeito onte sacaron as cabazas e velas para quentar as ánimas e intentar dar…moito medo.

    En Catoira, ducias de nenos e non tan nenos saíron á rúa para aparticipar na procesión das caveiras. Unhas cabazas que prepararon eles mesmos extraéndolles o miolo e talando na corteza as caras máis terroríficas. Amosaron o resultado dese traballo polo centro da vila acompañados da banda de música de Catoira. Os participantes saíron do pavillón municipal de deportes ás seis e media da tarde co propósito de escorrentar ós espíritos inimigos que nesta noite adoitan traspasa-la fiestra que separa o mudo dos vivos do dos mortos.

    O percorrido rematou no pavillón municipal onde se celebrou unha festa gastronómica celta. Por suposto non faltaron as castañas, protagonistas absolutas do magosto. Tamén houbo unha degustación de receitas a base de cabazo. Na organización da festa colaborou a asociación de amas de casa Muíños de Vento de Catoira.

     

    Redacción Salnés