A Festa da Ostra de Noalla terá lugar do 11 ao 13 de agosto

    SANXENXO> A XXVI Edición da Festa da Ostra de Noalla celebrarase a vindeira fin de semana en A Lanzada. A celebración gastronómica ofertará diferentes produtos da terra mantendo os prezos das edicións anteriores. Así que xa saben, os amantes das ostras teñen unha cita do 11 ao 13 de agosto. A tradicional Festa da Ostra de Noalla chega a súa XXVI edición precedida polo éxito de convocatoria nos seus eventos anteriores. A Casa Forestal de As Canteiras, en Noalla, acolleu esta mañá a presentación de esta celebración gastronómica que se celebrará do 11 ao 13 de agosto en A Lanzada. Dende a organización sinalaron que nesta edición manteranse os prezos da edición pasada, a pesar de que tanto os mexillóns como as ostras subiron de prezo. De xeito que a ducia de ostras custará 9 euros. Pulpo, chipiróns ou empanada, completan a carta de produtos que poderán ser degustados neste evento, no que o ano pasado se despacharon unhas 16.000 unidades, segundo confirmaron dende a organización. O evento estará aberto de 9 da mañá a 00:00 da noite durante os tres días de duración, e haberá premio para os tres primeiros de cada día que acudan e pidan unha ducia de ostras, a organización regalaralles a cada un deles unha ducia adicional. Así que xa saben o fin de semana que ven XXVI Edición da Festa da Ostra de Noalla en A Lanzada.