VILAGARCIA> Os concellos do Salnés mobilízanse contra a violencia machista. Nos diferentes municipios desenvolvéronse actividades para conmemorar o 25N. En Vilagarcía, a tradicional lectura do manifesto acompañouse cun recital de poesía.
Os concellos do Salnés volveron a inundarse de cores negras e violetas para conmemorar o 25N, día internacional contra a violencia de xénero. Dende os diferentes municipios, levan semanas realizando actividades para concienciar na loita contra a lacra da violencia machista. Iniciativas que teñen a súa culminación cos actos do 25 de novembro.
O acto de Vilagarcia dividiuse en dúas partes, a primeira consistiu nun recital poético do libro manifesto 25N: trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller.
A continuación tivo lugar a lectura do manifesto. Un escrito que se centrou nas políticas para protexer ás vítimas da violencia machista. Unhas situación de desprotección que quedaron máis patentes durante a pandemia.
No resto dos concellos a lectura do manifesto tamén estivo acompañada de numerosos actos reivindicativos. En cambados, ao rematar a lectura, todos os presentes fixeron soar os seus pitos baixo a campaña Non calo contra a violencia de xénero. En Ribadumia, o manifesto foi seguido dunha actuación contra a violencia de xénero da escola de baile Btroula.