Milleiros de Arousáns achegáronse ós cemiterios no día de Defuntos

    AROUSA > Onte foi un día de lembranza para moitos arousáns, que, como tódolos anos, se achegaron ós cemiterios a visitar ós seus seres queridos. Neste día de Todos os Santos as tumbas locían en todo o seu esplendor engalanados con milleiros de flores levadas, na súa maioría, a pasada fin de semana.

    Os raios do sol pegaban con forza esta mañá no Salnés, o que propiciou que foran moitos os arousáns que acudiron ós cemiterios a lembrar ós seus seres queridos falecidos. Trátase dun día especial, cheo de tristeza e recollemento no que os amigos e familiares mortos aparecen na mente dos vivos, que lembran especialmente a aqueles a quen tanto quixeron e que xa non están. Pero chegar a este día ten a súa laboura. Primeiro hai que limpa-las tumbas e nichos e despois engalanalas con flores frescas que esta mañá lucían en tódolos camposantos. Hai quén opina que este costume estase perdendo pero o certo é que as entradas dos cemiterios estaban repletas de fieis que con cariño cumprían fielmente coa tradición visitando os restos dos seus antepasados.

    Crisantemos

    Os crisantemos volveron se-las flores máis vendidas este ano con motivo do día de Defuntos. Anque nos cemiterios podiamos ver esta mañá todo tipo de flores en ramos e centros. Na praza da Ferrería de Pontevedra instalouse, o mercado das flores que reuniu a milleiros de persoas. Alí, as máis demandadas foron, ademais do crisantemo, a margarita e o bois. A cor de moda este ano: o amarelo. Os floristas están contentos. A afluencia de xente foi maior en comparación con outros anos. Parece que a economía dos clientes está en alza aínda que estes non opinan o mesmo e de novo queixábanse do alto prezo das flores.

    Pasteis para endulza-lo día

    A outra cara deste día de Todos Os Santos son os doces que copan os escaparates das pastelerías, e as castañas, típicas deste tempo. ososdesanto_200_011106.jpgAdemais do recollemento, os arousáns tamén tiveron tempo para disfrutar duns exquisitos doces, preludio perfecto para ir acostumando o estómago as festas do Nadal. Os ósos de santo ou os buñuelos espertaban o apetito dos que saíron á rúa esta mañá. Foron moitos os que non se puideron resistir a estes doces feitos con mazapán e recubertos de exquisito chocolate, fresa ou limón e, sobre todo, de moito azucre. Un negocio que se comparte cos castañeiros que como é tradición, asan á porta dos cemiterios tentando que este día se faga máis afable para os visitantes.

    Redacción Salnés