Rodrigo Santiago presenta novos diplomas falsos

    VILANOVA > A reacción do partido socialista de Vilanova ás declaracións do concelleiro Javier Tourís non se fixo esperar. O avogado de Rodrigo Santiago xa está a traballar na presentación dunha querela criminal

    …polas acusacións de Tourís nas que acusa ó socialista de falsificar os diplomas dos cursos nos que aparece como titular a muller do concelleiro do PP vilanovés. Os socialistas fixeron públicos outros seis novos diplomas falsos. Nesta ocasión están asinados polo concello.

    Mentres Javier Tourís desmentía a súa vinculación cos diplomas falsos presentados polos socialistas de Vilanova e nos que estaba implicada a súa muller Yolanda Otero. Ó edil Rodrigo Santiago faltoulle tempo para presentar outros novos diplomas supostamente falsificados dos que amosou un orixinal do curso e mailo falsificado.

    Santiago cualificou de moi grave o asunto e deu ordes ó seu avogado para que prepare unha querela criminal contra o edil popular polas descualificacións e insultos contra o socialista. Rodrigo asegura que os diplomas foron entregados para que a muller de Tourís optara a unha praza no hospital do Salnés que acadou. O que falta agora é descubrir quen falsificou os documentos.

    Redacción Salnés