Celébrase o xuízo polo derrubamento de varios nichos en Valga en 2.003

    VALGA > Case coincidindo co día de Defuntos tivo lugar o xuízo polo derrube de varios nichos en Setecoros. Ocorreu en 2003 e algúns veciños non puideron identificar os restos dos seus familiares que foron parar a unha fosa común.

    Esta era a imaxe que nos deixaba o cemiterio de Setecoros, en Valga o mes de decembro de 2.003. Despois dunha intensa choiva, 13 nichos desplomáronse provocando que algunhas das tumbas se abriran e se esparciran os restos que contiñan. Moitos veciños non puideron identificar os que correspondían ós seus familiares e tiveron que optar por enterralos nunha fosa común.

    Os que sí pudieron ser identificados despositáronse noutros nichos. Xa entón algúns afectados anunciaron que denunciarían ós responsables dunhas obras que se fixeran na zona porque culpaban ás excavadoras do derrubo dos nichos. E o luns tivo lugar o xuízo por este caso. Foi en Caldas e durante a sesión quedaron patentes as diferencias entre os afectados. Algúns recoñeceron que os nichos eran moi vellos e que o desplome se producira precisamente por este mal estado. Outros seguiron insistindo na culpabilidade dos promotores das obras.

    Agora será o xuíz quen deba esclarece-lo ocorrido, anque seguro que para os afectados, hoxe será un día máis especial e quizais, se cabe, máis doloroso.

    Redacción Salnés