O concello boirés establece unha nova liña de axudas ó deporte

    subvencionsdeportivas_100_011106.jpgBOIRO > O concello de Boiro fixo entrega das subvencións ós clubs deportivos do municipio.

    Nesta ocasión, foron vintedúas as entidades que concorreron á conovocatoria. Cada unha delas recibiu unha axuda baseada nas súas necesidades e catacterísticas propias. En total o executivo destinou unha partida de corenta e sete mil euros. Esta contía supón un importante incremento das subvencións con respecto a anos anteriores. Dende a súa chegada ó goberno hai tres anos, o executivo incrementou as axudas nun 36 por cento e o seu obxectivo é acada-lo cincuenta por cento no vindeiro exercicio.

    Os criterios para outorgar as diferentes axudas son moi variados e van dende a promoción do deporte base ata os resultados acadados na última tempada.

    Na súa liña de axuda ó deporte, o executivo decidiu este ano conceder unha bolsa de axuda ós deportistas de alto nivel do concello que veñen de ser aprobadas pola Xunta Local de Goberno. As subvencións, que ascenden ós trecentos euros, van dirixidas ós deportistas de elite, con idades comprendidas entre os catorce e os vintecinco anos.

    Redacción Barbanza