O Anexo da Lomba vence coas súas reivindicacións e a consellería manterá a aula de 3 anos

VILAGARCIA> As mobilizacións e as protestas dan os seus froitos á comunidade educativa do Anexo a Lomba. A xunta retrocede e mantén a aula de tres anos do centro. Esta continuidade permite que as familias non teñan que trasladar aos seus fillos a outros centros e poidan seguir contando cos servizos de comedor e de plan madruga.

A Anpa e a comunidade educativa do Anexo A Lomba conseguiu a continuidade da alua de 3 anos no centro. Tralas protestas, manifestacións e reunións levadas a cabo polas nais e pais da escola, a consellería deu marcha atrás e mantén o curso de 3 anos.

O cambio da consellería é unha vitoria para estas nais e pais por toda a súa loita. Pero sobre todo permite evitar as problemáticas que lles causaría o peche da aula.

A decisión tamén permite que o centro mire ao futuro con máis optimismo. Xa que o peche da aula poría en risco a continuidade do colexio nos vindeiros anos.

Dende a Anpa reinciden nos agradecementos aos partidos políticos polo apoio recibido polo equipo de goberno de Alberto Varela, e polo traballo das populares Ana Granja, Elena Suárez e Andrés Baión. O vindeiro 8 de setembro, o centro reabrirá cunha gran festas na que estará presente o alumnado de tódalas súas aulas.